Charla Vagalume



Visita ao centro de Vagalume

Charla Vagalume

25/11/2017

O noso calendario escolar está cheo de conmemoracións ou o que é o mesmo, de datas sinaladas especialmente para resaltar un feito concreto. O 25 de novembro non é unha máis e non se cingue ao ámbito académico unicamente: a sociedade únese para loitar contra a violencia de xénero. Disto é do que tratou a visita de dúas mulleres da asociación Vagalume, especialistas nesta materia. Os temas tratáronse dun modo ameno, dialogando e poñendo en común, e saíron á luz cuestións sobre o que é ou non é violencia, o que é o machismo e os micromachismos (para aprendermos na práctica reflexionouse sobre realidades próximas como os anuncios de televisión). Alén do indicado, observouse o papel de grandes mulleres ao longo da historia e, por suposto, do presente. É un día en que se conmemoran a todas as vítimas da violencia de xénero, tanto as que a padecen como as que foron asasinadas.


« Volver

Colegio San Francisco Javier


  • C/Virgen de la Cerca, 18-19 y 31
  • Santiago de Compostela